Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Informe de Impacto de Xénero

Nesta páxina atópase a información sobre o Informe de Impacto de Xénero..

A integración da perspectiva de xénero no Orzamento do Estado produciuse mediante a incorporación dun Informe de Impacto de Xénero á documentación que acompañaba ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado do exercicio 2009. Esta perspectiva quedou reforzada coa modificación da Lei Xeral Orzamentaria para incluír entre a documentación obrigatoria que acompaña ao proxecto de lei, o informe de impacto de xénero.

Picando na imaxe da esquerda, pódese acceder ao texto íntegro do Informe de Impacto de Xénero que acompaña ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado do exercicio 2023. Así mesmo, pódese acceder de maneira independente aos diferentes capítulos que compoñen o Informe..

Tamén se inclúen nesta páxina os informes de exercicios anteriores, referenciados polo ano correspondente ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado ao que acompañaron..