Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Informe de aliñamento dos Orzamentos Xerais do Estado cos obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030

A Orde HAC/641/2020, de 14 de xullo, pola que se ditan as normas para a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, establece no seu artigo 7, apartado 8 con relación ao Informe de aliñamento dos Orzamentos Xerais do Estado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 que:

Os departamentos ministeriais remitirán á Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos un informe analizando a contribución dos programas de gasto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, nos termos que se establezan para o efecto pola citada Secretaría de Estado.

Este informes constituirán a base para a formulación por parte da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Informe de aliñamento dos Orzamentos Xerais do Estado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030, a cuxos efectos se constituirá un grupo de traballo integrado por representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, da Dirección Xeral de Orzamentos e do Gabinete da Ministra de Facenda.

O informe presenta o aliñamento dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021 cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030, a partir da información fornecida polos departamentos ministeriais.