Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2023

O 06 de outubro de 2022 foi presentado ás Cortes Xerais o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2023. Esta páxina facilita o acceso a diversa documentación relativa ao mesmo. Entre outra, preséntase información sobre: o articulado da Lei; os estados de ingresos e gastos; os orzamentos de explotación e capital; o informe económico financeiro; as memorias de obxectivos de cada unha das seccións orzamentarias; os anexos de investimentos reais; a memoria económico-orgánica e a memoria por programas; o orzamento consolidado; o anexo de fluxos financeiros España-Unión Europea; a liquidación do Orzamento de 2021; o avance da liquidación do Orzamento de 2022 e os gastos de funcionamento e investimentos do Banco de España, así como os informes de análise orzamentaria de carácter transversal.

Así mesmo, a través do banner que aparecen á dereita deste recuadro facilítase o acceso a unha representación gráfica das cifras do Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado e á información de como contribúe o citado proxecto de lei á igualdade de xénero, á infancia, adolescencia e familia, á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 e á transición ecolóxica.