Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Proxecto de orzamentos xerais do Estado 2022

O 13 de outubro de 2021 foi presentado ás Cortes Xerais o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2022. Esta páxina facilita o acceso a diversa documentación relativa ao mesmo. Entre outra, preséntase información sobre: o articulado da Lei; os estados de ingresos e gastos; os orzamentos de explotación e capital; o informe económico financeiro; as memorias de obxectivos de cada unha das seccións orzamentarias; os anexos de investimentos reais; a memoria económico-orgánica e a memoria por programas; o orzamento consolidado; o anexo de fluxos financeiros España-Unión Europea; a liquidación do Orzamento de 2020; o avance da liquidación do Orzamento de 2021 e os gastos de funcionamento e investimentos do Banco de España.