Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Informe do impacto na infancia, na adolescencia e na familia

A Orde HAC/669/2021, do 25 de xuño, pola que se ditan as normas para a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2022, establece no seu artigo 7, apartado 7, en relación co Informe de Impacto na infancia, na adolescencia e nas familias que:

Os departamentos ministeriais que se establezan para o efecto remitirán á Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos un informe analizando o impacto dos seus programas de gasto na infancia, na adolescencia e nas familias, nos termos que se establezan para o efecto pola citada Secretaría de Estado.

Este informes constituirán a base para a formulación, por parte da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, do Informe do impacto na infancia, na adolescencia e nas familias que acompañará ao anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado, a cuxos efectos se constituirá un grupo de traballo integrado por representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Dirección Xeral de Orzamentos.

O informe presenta a análise de impacto dos programas de gasto do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2022, elaborados a partir da información fornecida polos departamentos ministeriais.

Informe do PL PGE 2022

Informe 2022

Informes de exercicios anteriores

Informe 2021