Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Orzamento prorrogado de 2018 para 2019

De acordo co establecido no artigo 134.4 da Constitución Española, “Se a Lei de Orzamentos non se aprobase antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os Orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos”.

Pola súa banda, o artigo 38 da 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria establece nos seus apartados 2 e 3 que “2. A prórroga non afectará os créditos para gastos correspondentes a programas ou actuacións que terminen no exercicio cuxos orzamentos se prorrogan ou para obrigacións que se extingan no mesmo. 3. A estrutura orgánica do orzamento prorrogado adaptarase, sen alteración da contía total, á organización administrativa en vigor no exercicio en que o orzamento deba executarse”. En consecuencia, e ao producirse as circunstancias previstas na Constitución Española, os Orzamentos Xerais do Estado de 2018 considéranse prorrogados unha vez realizadas as actuacións previstas no artigo 38 da Lei Xeral orzamentaria anteriormente citado.

Nesta páxina recóllense os datos económicos afectados as actuacións previstas na Lei Xeral Orzamentaria.

O resto da documentación pódese consultar nos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2018 que se prorrogan.