Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos
Administración Presupuestaria

Informe de impacto de xénero

A Orde HAP/981/2013, do 31 de maio, pola que se ditan as normas para a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2014, establece no seu artigo 7, apartado 8 con relación ao Informe de Impacto de Xénero que:

““Os departamentos ministeriais remitiranlle á Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos un informe analizando o impacto de xénero dos seus programas de gasto, nos termos que estableza para ese fin a devandita Secretaría de Estado.

Os devanditos informes constituirán a base para a formulación por parte da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Informe de Impacto de Xénero, para cuxos efectos se constituirá un grupo de traballo integrado por representantes do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Dirección Xeral de Orzamentos para conformar a redacción final do Informe do Impacto de Xénero que acompañará o Anteproxecto de lei de orzamentos xerais do Estado”.

O informe presenta a análise de impacto de xénero dos programas de gasto do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2014, elaborados a partir da información fornecida polos departamentos ministeriais.